Thursday 02 de May de 2024

Benvida de Susana García ao alumnado do novo curso CELGA 2 e 4 impartido polo SNL da Mancomunidade


Esta mañá a presidenta da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Susana García, deulles a benvida a todas as persoas asistentes ao curso preparatorio para as probas CELGA 2 e CELGA 4. O Servizo de Normalización Lingüística é o departamento responsable de organizar o curso e impartir as clases, as cales teñen lugar todos os martes e xoves en horario de mañá ata mediados de novembro. Nesta ocasión son máis de 20 os alumnos e alumnas que, se non hai novidade, se presentarán aos exames que terán lugar o vindeiro mes.